Translate

martes, 16 de xuño de 2015

ACEITE, MEL E AUGA

Imos a facer capas de liquidos.
Botamos aceite, auga e por ultimo mel... deixamos repousar.
que pasa?



Despois colocaremos un corcho e unha uva e a observar...



O VINAGRE E O OVO

Imos a comprobar que é o que lle sucede a un ovo se o deixamos varios días dentro dun bote con vinagre...


Como discurren estos peques
mirade o que pasou...


Parece unha pelota saltarina


xoves, 11 de xuño de 2015

LEITE E TINTURAS

Nesta experiencia empregamos leite, tinturas e xabrón da louza.



Que pensan estes peques que acontecerá se misturamos leite e colorantes?



Unha vez que temos misturadas as cores... Que acontecerá se boto unha pinga de xabrón?



E así volo contan os graxaliños mais pequechiños





E así de ben se explican os graxaliños máis maiores




mércores, 10 de xuño de 2015

FABRICANDO UNHA BRÚJULA

Para fabricar unha brújula ou compás precisamos un imán, unha agulla, un barco de papel de alumnio e un caldeiro con auga.

Se frotamos a agulla co imán na mesma dirección 50 veces conseguimos imantala.
Colocamos a agulla no barquiño de metal , dentro do caldeiro da auga, poderemos observar como se orienta ao norte.
Para comprobalo empregamos un compás de verdade.



A BUSQUEDA DO PARAFUSO

Para este xogo facemos dóus equipos.
Un equipo ten que esconder parafusos pola aula e o outro ten que atopalos empregando un imán.



En acción


martes, 2 de xuño de 2015

IMANES

Que é un imán?




Experimentamos ... a ver que descubrimos...















Algunhas das conclusións dos peques





Agora investigamos empregando dous imanes
Estes peques son moi listos e descubren cousas moi interesantes





Descubrimos que teñen dous partes unha vermella e outra gris.Os polos de diferente cor se queren, ou eso din estos pequenos...



Algunhas peque conclusións




ELASTICIDADE

Saimos aos corredores do cole para xogar coa elasticidade.
Construimos cos bloques un castelo e cun tirachinas xigante intentaremos abatelo.


Para o tirachinas empregamos unha goma elastica que colocamos nas patas dunha cadeira



Preparados, listos, xá!


SOMBRAS

Xogamos coa sombra.
Que é a sombra?
Podemos facer sombras con obxectos?
A sombra pode moverse?
Podemos facela máis grande ou máis pequena?

Estes son algunhas das cuestión que nos prantexamos.
Os pícaros empregaron lanternas para poder respostalas.


Visionamos un expectáculo de sombras.


Xogamos coas nosas mans a facer sombras.


Cunha caixa e un folio contruimos un teatrillo para representar contos.


 

venres, 29 de maio de 2015

TRANSPARENTE , TRANSLÚCIDO E OPACO.

Esta experiencia a realizamos con lanternas e diversos obxecto para descubrir como se comporta a luz a través deles. Descubrimos obxectos translúcidos, opacos e transparentes.



DESCOMPOSICIÓN DA LUZ. O DISCO DE NEWTON

Nesta ocasión descubriremos que a luz está formada por tódalas cores.

Empregaremos prismas para descompoñer a luz , lanternas e cds.

Que acontece cando o disco xira?





Construimos o disco co mando dun xoguete roto e un pequeno motor, engadindolle un cd cun disco de cores.



Agora descompoñemos a luz con prismas e cds creando chulisimos arcos da vella.







luns, 25 de maio de 2015

HELICOPTERO. O PRINCIPIO DE BERNUOLLI

O principio de Bernuolli nos explica como se move un obxecto a través dunha corrente de aire.
Seguimos engañando a gravedade.
Visitamos o Muncyt cos pequenos do último curso de infantil e construimos helicopteros de papel.

 

Os lanzamos dende a ultima planta do Museo de Ciencia e Tecnoloxía.


Os graxaliños mais pequenos fano no cole




EQUILIBRIO

Cando estamos en equilibrio sostemos calquer movemento ou posición contra a forza da gravedade.
Para comezar esta sesión xogamos a equilibrarnos co corpo.



 Para completar esta sesión contruimos un xoguete equilibrista.
 Seremos capaces de que a gravedade non o leve para o chan.

 



domingo, 24 de maio de 2015

NEWTON E A GRAVEDADE

A forza da gravedade é a forza que fai que estemos pegados ó chan.
Imos a observar como caen diversos obxectos.

 

Caerán ó mesmo tempo? 
Cal cae mais rápido?
Estes son algún dos interrogantes que nos plantexamos.




xoves, 21 de maio de 2015

PLANOS INCLINADOS

Unha vez experimentadas as primeras características do movemento, toca poñer todo esto en práctica.



Empregamos tubos, cartóns e vehículos para crear rampas e planos inclinados.



Pasarono en grande.



O GLOBO COHETE: ACCIÓN E REACCIÓN

Outro experimento de reacción e reaccíon é o globo cohete.
Precisamos unha cana , un fio , un globo e cinta adhesiva.




Que acontecerá cando soltemos o globo?
Que globo terá mais aceleración o grande, pequeno ou mediano?



Estes son algún dos interrogantes plantexados
Lembrade a cada acción lle coresponde unha reacción igual e contraria.



martes, 12 de maio de 2015

TERCERA LEI DE NEWTON: ACCIÓN E REACCIÓN

Con toda acción ocorre unha reacción igual e contraria

Que ocorre se facemos golpear duas pelotas?




Experimentámolo por parellas




OVOS EN MOVEMENTO

Mirade estes dous ovos
se facemos xirar un deles e o paramos , párese
o outro ovo non para , segue en movemento
A que se debe?



Estes picaros saben moito



Os mais pequenos explicanse tamén ao seu xeito



Escoitade , escoitade ... segundo Asier os ovos non teñen memoria...



SEGUNDA LEI DE NEWTON

 Para descubrir esta lei do movemento saimos o patio cun coche de xoguete e un boneco. Aplicamos forza ao vehiculo e o lanzamos polo tobogán para ver a súa aceleración. 

¿Que acontece cando o vehiculo impacta cunha caixa?

A aceleración dun obxecto é directamente proporcional á forza que actúa sobre este e inversamente proporcional a súa masa. 


 

Non vos perdades as explicación dos pícaros.





A caixa frea a aceleración do vehículo pero o boneco segue en movemento .

xoves, 26 de marzo de 2015

A PRIMEIRA LEI DE NEWTON

Todo obxecto permanece inmovil ata que algo o fai mover.
Para este experimento empregamos un cubo, unha cartulina , un cartón cilindrico e un ovo de plástico.




Plantexamos aos pícaros a seguinte cuestión: que pasará cando tire forte do cartulina? 
as hipóteses dos cativos son diversas...

   
                                       

...Experimentamos para comprobar as nosas hipóteses